Xa temos publicado diferentes entradas (ver ligazón) en relación á festa e mesmo temos publicado un vídeo, gravado hai xa quince anos, e que podemos ver ao final desta entrada.
O caso é que en data tan sinalada para Carballo, decidimos subir a este blog unha das múltiples achegas que no seu momento ( curso 2011/12) fixo ao blog da rapazada No Campo da Feira, a daquela alumna Bibiana Díaz Fernández veciña da propia parroquia.
Esta entrada publicaba un milagre deste santo, narrado pola avoa de Bibiana, Trinidad Rodríguez Argerey que sen máis preámbulos pasamos a relatar:
"Un bo día, un fregués da parroquia de Carballo foi á igrexa. Dende o remate da misa, este home dixo:
-Quédate santo mouro, que eu non te vou volver visitar tan rápido.
Acto seguido, marchou da igrexa e foi a unha taberna próxima. Alí, entrou aparentemente san e cando quixo saír, non podía camiñar porque se quedara teso.
Despois, un home que se atopaba no establecemento foi ata onde o cura a pedirlle axuda. O cura foi ver ó enfermo e díxolle que se quería volver camiñar tiña que ir visitar ó santo e pedirlle desculpas polo ocorrido, arrepentirse de corazón.
O cura botoulle a bendición á devoción de San Benito ao enfermo e entón este púxose a camiñar. Sen perder tempo, foi visitar ao santo e deulle un bico, e prometeulle que iría todos os domingos que puidera á misa. Así foi como este home volveu á igrexa case todos os domingos ao santuario e nunca máis estivo enfermo e morreu moi vello."
O blanquieiro visto desde fóra |
Deixamos tamén ligazón a outra das achegas de Bibiana, relacionadas con Carballo e moi ligada tamén ao día de hoxe. Se a ledes entenderedes o porqué. Ler aquí
O vídeo, do que falamos na cabeceira, vai a continuación.
Bo día e boa romaría !
0 comments:
Publicar un comentario