18 decembro 2009

O carro.

Con esta entrada iniciamos, o que esperamos, unha longa serie de documentos gráficos do pasado friolés aos que, grazas á colaboración de Elena Moreno, tivemos acceso e iremos comentando pouco e pouco.
Iniciamos o camiño cunha fotografía feita no mes de agosto do ano 1.935 : Un carro. Cando o carro era o medio de transporte imprescindible na economía imperante no país.
Neste caso a comitiva fai un pequeno descanso para posar e saír ben na fotografía que, aqueles primeiros fotógrafos ambulantes, ían recollendo por toda a xeografía galega.
Preferimos que vexades e gocedes con esta curtametraxe do ano 1941 feita por Antonio Román e que ten como narrador e documentalista ao etnógrafo galego por antonomasia Don Xaquín Lorenzo, Xocas. Evidentemente o protagonsmo da mesma é o carro. Non ten desperdicio.
Son dez minutos escasos que nos transportan a un pasado para algúns ben afastado e para outros máis achegado do que son capaces de asumir.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.