Ás veces os feitos históricos, co paso do tempo, chegan a pertencer ao mundo lendario. Non hai que saír do concello para demostrar tal afirmación, A lenda da Dona da Torre é un exemplo paradigmático.
Estes días chegou ata nós, por vías diferentes, un feito relacionado coa Guerra Civil española . Dependendo do informante, foinos referido como tal feito histórico ou como feito lendario. De calquera dos dous xeitos, o sucedido foi como foi, e tal como nolo contaron así o transcribimos:
Nos anos da guerra civil en España ( 1.936 -1.939), dous homes foron chamados para ir á fronte. Ao non querer ir, agacháronse nun montón de palla. Polo día durmían e pola noite traballaban na casa dalgún veciño para que non os delataran.
Un día, un dos homes entregouse e dixo onde se escondía o seu compañeiro, informando tamén de que estaba armado. Entón foron alí e disparáronlle ao montón de palla. O escondido morreu e enterrárono no mesmo sitio onde morrera.
Este episodio tivo lugar nos Corveiros ( Miraz), debeu ser ao principio da contenda e os dous fuxidos deberon pasar uns días agachados -- segundo algúns nunha mouta de herba --. Un deles non debeu soportar a presión e delatou ao compañeiro que foi morto como queda indicada máis arriba. Corría agosto do 36.
O relato foi recollido en Nodar por Laura Romero a quen llo contou o seu pai.
0 comments:
Publicar un comentario