11/03/09

Dous topónimos: Do Ermo e Carlín

Na entrada anterior facemos referencia á parroquia de Carlín e á nosa Señora do Ermo.
O lugar de Carlín e o que dá nome á parroquia. No ano 1180 xa se cita nos Tumbos de Sobrado a "ecclesia de Carlim ou Carlini". D. Nicandro Ares indica que é o diminutivo ou ben do antropónimo Carolus -xermánico- > Carlos; ou ben do latino carus , 'querido'.
Posteriormente no ano 1250 aparece xa citada como Santa María de Carlín.
No que se refire a Ermo, a súa orixe provén do latín eremus ( deserto, solitario, inculto), da mesma voz latina provén Ermida.
Aínda na lingua viva emprégase esta palabra 'ermo' como "lugar non habitado", "que ten pouca vexetación", ou mesmo referido á "terra árida, inculta".

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.