20 xuño 2009

A historia dunha familia: a casa dos Fraga.

O solar dos Fraga consolidouse na Idade Moderna e o seu poder económico de base gandeira, chegaría ata ben entrada a Idade Contemporánea. A historia da economía familiar e como chegaron a ampliar os seus dominios foi estudada por Presedo Garazo: "Os Fraga constitúen o seu dominio en San Xiao de Carballo nas dúas derradeiras décadas do S.XVII, e o consolidan nos vinte primeiros anos do S.XVIII".
Nas últimas décadas do S.XVII, Gregorio da Fraga "O Mozo" compra numerosas parcelas a veciños da zona, que unha vez agrupadas, convertirán en explotación racionalizada e de uso básicamente gandeiro. Na feira de Guimarei fixeron numerosas transaccións gandeiras e que quedaron rexistradas no Arquivo da Casa da Fraga, e que son exemplo da prosperidade do negocio familiar. Así foron creando un patrimonio importante que lles permite a construción do pazo e o acceso a unha tardía fidalguía.
En 1707 casa o primoxénito de Gregorio da Fraga e a súa dona Dominga Fernández, Gerónimo, quen é beneficiado polos pais como herdeiro directo. Desde entón conviven no pazo o novo matrimonio, os seu pais o os seu catro irmáns. O fillo vinculeiro queda suxeito á vontade dos patrucios para nun futuro ser o administrador.
En 1717 Gregorio e Dominga redactan o testamento que confirma a Gerónimo e a súa dona María López Buxán como sucesores, e deixan outras disposicións: recibir unha misa anual no día de San Gregorio e a obriga de que as propiedades non sexan divididas. Queda así instituído o morgado da Casa de Fraga.
A familia de labregos acomodados verán cumplidas as súas ambicións de promoción social cando un bisneto de Gregorio da Fraga, D. Francisco da Fraga, casa en 1784 con Dona María Josefa Francisca Varela Pardo y Taibo, filla de D. Juan Francisco Valeriano Varela y Aguiar e de dona María Luisa Pardo, patrucios do pazo da Casanova de Melide. É entón cando se reedifica a vivenda e se enseñorea coas armas da casa.
O pazo permanecerá en mans dos señores da Fraga ata 1934, cando é adquirido coas súas terras polos irmáns Don Angel e Dona Pilar Blanco Pacín. Na actualidade o propietario é Don Higinio Blanco Barba, herdeiro de Don Angel.

2 comentarios:

Anónimo

Nunha edición do concello de Lugo sobre a importancia das Feiras do San Froilán, recollíase unhas palabras de Presezo Garazo para indicar como os fidalgos pacegos aproveitaban estas feiras para adquirir todo tipo de bens e poñía de exemplo a "Francisco de Fraga de Friol que compró en un San Froilán de finales del siglo XVIII: dos basos de plata de encaxe e ...una pieza de yndiana que tiene 23 baras
y media... otra pieza de cañabate y encarnado de tres quartas de ancho para cortinas de camas y colchón".

Naralliensis

Gracias polo dato.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.