"O río cando vai cheo
leva carballos e follas
tamén debía levar
as lenguas marmuradoras"
Que o río vai cheo, nestes días é unha evidencia. Nestes tres derradeiros días caeron máis de 80 mm ( Estación meteorolóxica do Corno do Boi) e o que queda aínda nesta fin de semana. Para mostra, a foto que acompaña á entrada feita hoxe pola mañá ao Narla ao seu paso por Cotá.
O de "marmuradoras" aínda que non é precisamente o adxectivo que acae ben, vén a conto das palabras "agarimosas" que aos galegos lle dedicou Rosa Díez cando quixo adxectivar en ton despectivo ao Presidente do Goberno. Non é a primeira vez que as dirixe ( lembremos que tamén o Presidente da Xunta foi así cualificado)
Nin entramos nin saímos (moi galego) nos adxectivos que a clase política queira empregar entre si, pero o que non podemos admitir é que traten de menosprezar a un pobo, empregando o xentilicio de xeito despectivo, cando nin sequera viña a conto.
Non sabemos se R. Díez segue as noticias, pero hai certo tempo conseguiuse co apoio de moitos galegos que se retirase ese ton pexorativo da entrada "gallego" no "Diccionario da Real Academia de la Lengua Española".
Cremos que esta señora pretendía notoriedade e debeu seguir a premisa " que falen de unha aínda que sexa mal". Cremos que se confundiu de pleno.
Este blog, sentíndoo moito, decláraa "persoa non grata".
3 comments:
Precisamente veño de colgar un vídeo na O Outra Ulloa, co Ulla pasando por enriba das piscinas de Monterroso
Se ser galego-a significa o que significa para esta individua, evidentemente non só é non grata, senon tamén ignorante e xenófoba. Que desapareza xa dunha (...) vez do escenario político e non só político. O cáncer hai que collelo a tempo. Ostracismo para R.D. e que cambie de botas... que "chirrían" tanto coma ela.
Si es que no se entera de nada la buena mujer . Mañana o dentro de unos días vendrán las disculpas porque la que ha montado !
Pocas luces. Cortita. Paso
Lo que me impacta , cada vez mas , es el tema de estos últimos inviernos. Eso sí me preocupa.
Un placer leeros .
Publicar un comentario