Un elemento indicativo do inicio dunha civilización, radica no chamado culto aos mortos, que dá precisamente orixe ao nacemento dese concepto abstracto ao que denominamos cultura.
Dende hai trinta milenios, o ser humano realiza diferentes prácticas que reflicten medo ou respecto polos falecidos da súa comunidade máis achegada.
Este culto mantense vivo na actualidade e, con diferentes manifestacións, seguen a existir rituais para enfrontar o tránsito e render o “culto ao morto” que abandona definitivamente a súa vida terrenal.
Nos tempos actuais, na nosa xeografía municipal, podemos observar nos cemiterios parroquiais, lápidas mortuorias que debuxan o perfil do defunto dunha maneira nidia, como o caso que pasamos a comentar.
No camposanto de Trasmonte ( onde podemos contemplar, os restos dun fermoso e antigo panteón reutilizado); atopamos tamén un nicho coa inscrición correspondente, á que se lle incorpora o escudo dun club deportivo madrileño ,do que o defunto sería en vida seareiro indiscutible —a non ser que a familia lle quixese xogar unha mala pasada, cousa que non cremos--.
No seu “Cimenterio privado” Celso Emilio Ferreiro deixounos unha serie de epitafios dos que non esqueceu aos “hinchas”. Aproveitando o Centenario do poeta celanovés, reproducimos os versos aos seareiros dedicados
"O Hincha"
"A felicidá, en resume,
"A felicidá, en resume,
era para íl berrar gol
nos partidos de futbol
entre a mesta moitedume.
Máis déulle tal torozón
cando quedóu campeón
o odiado equipe contrario,
que por dous goles a ún
xace na foxa común
iste badoco gregario"
0 comments:
Publicar un comentario