Deixamos outras fotos da enchente do Narla e queda encabezada por unha fotografía na que no medio da lagoa que se formou ponte arriba de Cotá nadan tranquilamente dúas anátidas,concretamente dous machos cunha fermosa e característica cabeza verde, do "Anas platyrhynchos" coñecidos popularmente como Lavancos reais.
As femias seguramente andarán preparando o niño no chan, un pouco afastado da auga, pois se non o fixeron xa , en breve será a posta, que chocarán durante catro semanas.
Xa pasou o entroido e a primavera está, aínda que non o pareza, a chegar.
As outras fotografías foron tomadas en Cotá e na zona do Muíño de Serén, xa na vila friolesa.
1 comments:
Pois si que andades enchoupados!!!
Publicar un comentario