
Pantalón de “pata de elefante” saias lixeiramente por riba dos xeonllos e plataformas eran os elementos vangardistas dunha moda que co paso do tempo volveu aparecer non hai moitos anos.
O que seguro non imaxinaban, é que a instantánea do fotógrafo, ao cabo do tempo, pásase a formar parte do Arquivo Histórico Provincial que é a fonte que empregamos. E por suposto non contarían con aparecer nunha publicación electrónica que ten a súa orixe no mesmo Friol que as viu nacer.
A sociedade naqueles anos empezaba a sacudirse o pasado ditatorial, e empezaban a agromar movementos feministas, defensores dunha igualdade inexistente e que aínda hoxe se está por acadar.
0 comments:
Publicar un comentario