As feiras, xunto coas romarías e festas – sen esquecer os adros das igrexas, os domingos-- eran os lugares de encontro dunha sociedade rural que aproveitaba estes momentos para intercambiar opinións e saber de como ía o mundo ao seu redor. Ir á feira era un feito, de por si, cargado de simbolismo.Non era un día calquera. Íase á feira para tratar de vender ou mercar aquilo que se necesitaba e o “ axustar” era elemento fundamental nas diferentes transaccións comerciais que alí se desenvolvían. Chegábase cedo, mesmo antes do mencer, cadaquén tiña o seu lugar e a súa función. Feito o negocio, algúns— a outros non llo permitía a súa economía-- participaban da parte lúdica da actividade: nas tabernas, mesóns ou cantinas, comíase, bebíase e celebrábanse as boas operacións do día. O que si é certo é que “cada un falaba da feira segundo lle ía nela”.
Os veciños do lugar desexaban que a feira fose concorrida e con bo número de operacións, pois a maior negocio, maior rendibilidade.Que os veciños estaban interesados en manter estes centros económicos e facilitar o acceso aos mesmos queda reflectido no feito , a modo de exemplo, de como a fins do século XIX, insistíase diante da Deputación Provincial na necesidade de construír o que hoxe coñecemos como Ponte de Ombreiro (25-V-1886) "para facilitar o tránsito ás feiras de Cota, Roimil e Guimarei". Ao tempo, os concellos declaraban camiños de utilidade pública a aqueles que levaban directamente ás feiras, coa mesma finalidade.
Ás veces e debido a aglomeración producíanse choque fortuítos entre as cabalerías – o medio de transporte característico-- e pequenos rabaños de gando, o que xeraba pequenas escorrentadas que producían máis dun susto. Despois dunha feira en Cotá (18-XII-1896), o correspondente do diario "El Regional" pedíalle ao alcalde que adoptase as medidas necesarias para que non volvesen a ocorrer feitos como o relatado.
Pequenos e, ás veces, graves incidentes eran o pan de todas as feiras. Na Feira Grande de Guimarei (26-X-1898) , foi tal o altercado, que houbo un morto e dous feridos ( un deles, un dos gardas civís que tentaban calmar os ánimos).
Pelexas e liortas entre veciños do lugar e gandeiros vidos de fóra tampouco eran raros: Na feira de Cotá 18-VIII-1924) veciños de Cotá e gandeiros chegados do Veral, Esperante e Santa María Alta, tiveron entre eles máis que palabras.
No mesmo ano, na feira do 4 de setembro en Friol, houbo navalladas: Ir á feira sen levar unha navalla era coma ir espido... e despois pasaba o que pasaba.
Sempre había quen facía a feira pola súa conta e facíase cun botín- produto do roubo – con pouco esforzo e menos escrúpulos: Na mesma localidade que antes citamos o 4 de decembro de 1926, un veciño de Vilafiz, Manuel Racamonde, foi obxecto dun roubo de 2.000 pesetas (oito mil reais) produto da venda de dúas vacas. Alá marchou a ganancia, pois do autor, ou autores, nunca máis se soubo.
Segundo ía avanzando o século ían aparecendo os vehículos de motor cos conseguintes accidentes: Na feira de Cotá de setembro do 1927, un neno de sete anos por se agarrar á roda de reposto dun coche, no momento de arrincar este, sufríu un accidente (o coche, así reza a noticia do xornal, tiña a matrícula LU-930. O rapaz foi atendido polo médico local e o condutor, nun principio, foi detido.
Había quen introducía moeda falsa: Foi o caso dun veciño que na feira do 4-III-1928, en Friol, foi detido pola Garda Civil, ao collelo “in franganti".
Outros, sen pagar os impostos establecidos, compraban e vendían e acababan sendo denunciados polos que si os pagaban, e eran detidos. O caso de dous veciños da cidade luguesa (Friol, 4 de xuño do 1928) que andaban polas feiras comprando e vendendo ovos e pitas.
Algúns, polas diferentes razóns que poidamos imaxinar, chegaban a perder unha vaca ( Cotá, 18 de xuño do 1928).
Tamén era lugar propicio para a práctica de xogos nos que caían enredados incautos que perdían o pouco que tiñan pensando na posibilidade de saír favorecido nuns xogos que estaban prohibidos e que eran practicados por verdadeiros especialistas.No ano 1935 na primeira feira do ano en Friol foron detidos uns "maleantes por practicar xogos ilícitos".
Quedan moitas cousas das que non temos constancia. Unha mágoa, non ter a posibilidade de recuperar todo o repertorio que, con seguridade, traían ata estas terras os cegos que ao través das súas coplas viñan informando dos sucesos máis notorios do momento

1 comments:
O anecdotario das feiras daría para moito. Un dato máis da feira de Guimarei (recollido do boletín da CNT, nº 360, outubro 2009): Curuxás, o último maquis (que non cazou Franco), fixo un atraco na "feira de mulas de Guimarei" no ano 44. Pero non sei máis datos.
Publicar un comentario