23 xuño 2010

Anxeriz: A súa toponimia

A toponimia da parroquia de Sta María de Anxeriz permítenos falar en primeiro lugar de dous fitónimos: Piñeiro e O Sabugueiro que fan referencia ao "pinus" o primeiro, e ao "sambucus" o segundo.
Como orónimos temos: As Penelas faría alusión á unhas penas pequenas; O Coto que viría do prerromano "cott"-- altura ou prominencia do terreo-- ; Cuíña, seguindo  a Carlos Vázquez Garcia (Toponimia de Guntín de Pallares) sería a evolución fonética dunha "collina", (elevación natural do terreo, lomba). 
Ferreira  que podería facer alusión a unha antiga mina de ferro ou, máis ben, ao lugar onde se traballaba o citado metal. "ferraria".
Do Sisto xa falamos na entrada relacionada coa toponimia de S. Martiño de Prado (ver).
Quedan Rosende e Anxeriz que comparten orixe xermánica. Rosende  que procedería do nome dun antigo posuidor gótico "Rudesindus", e Anxeriz do visigodo  "Ansericus" ---segundo Nicandro Ares--.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.