03/10/10

Tollemerendas

"Engorde chega o outono.
Ríos enfraquecidos pola seca,
canles e regos debuxados, sen servizo.

Paisaxes agostadas .

Castiñeiros, carballos e nogueiras

comezan a súa festa.

No chan, pequenas floriñas aliladas

avisan días máis pequenos.

A xornada mingua.

Mingua tamén a espera."
Coa chegada do outono o campo cóbrese desta flor coñecida co nome de Crocus serotinus ( ver comentarios) ás que nos coñecemos como tollemerendas ou quitamerendas, facendo alusión á brevidade dos días nesta época do ano na que estamos entrando, que implican xornadas de traballo máis curtas e polo mesmo non cómpre levarlles a merenda aos xornaleiros que traballaban as terras. De aí o nome.
Coas primeiras chuvias aparecerán as lepiotas (zarrotas, cerrotes ou choupíns) e outras variedades de cogomelos que invitarán a pasear pola nosa bisbarra, gozando da polícroma paisaxe outonal.

2 comments:

Anónimo

Non é Merendera, a foto é dun Crocus, probablemente Crocus serotinus. O Crocus ten tres estames. Un saúdo

Petapeta

Grazas pola aclaración.
Un saúdo

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.