Ríos enfraquecidos pola seca,
canles e regos debuxados, sen servizo.
Paisaxes agostadas .
Castiñeiros, carballos e nogueiras
comezan a súa festa.
No chan, pequenas floriñas aliladas
avisan días máis pequenos.
A xornada mingua.
Mingua tamén a espera."
canles e regos debuxados, sen servizo.
Paisaxes agostadas .
Castiñeiros, carballos e nogueiras
comezan a súa festa.
No chan, pequenas floriñas aliladas
avisan días máis pequenos.
A xornada mingua.
Mingua tamén a espera."
Coa chegada do outono o campo cóbrese desta flor coñecida co nome de Crocus serotinus ( ver comentarios) ás que nos coñecemos como tollemerendas ou quitamerendas, facendo alusión á brevidade dos días nesta época do ano na que estamos entrando, que implican xornadas de traballo máis curtas e polo mesmo non cómpre levarlles a merenda aos xornaleiros que traballaban as terras. De aí o nome.
Coas primeiras chuvias aparecerán as lepiotas (zarrotas, cerrotes ou choupíns) e outras variedades de cogomelos que invitarán a pasear pola nosa bisbarra, gozando da polícroma paisaxe outonal.
Coas primeiras chuvias aparecerán as lepiotas (zarrotas, cerrotes ou choupíns) e outras variedades de cogomelos que invitarán a pasear pola nosa bisbarra, gozando da polícroma paisaxe outonal.
2 comments:
Non é Merendera, a foto é dun Crocus, probablemente Crocus serotinus. O Crocus ten tres estames. Un saúdo
Grazas pola aclaración.
Un saúdo
Publicar un comentario