26/12/10

Dúas Torres na Voz de Galicia

Neste mes de Nadal, o xornal "La Voz de Galicia", na súa edición de Lugo, vén de publicar dúas pequenas reportaxes sobre o patrimonio local friolés. Así, na súa edición do día 3,  fala da Torre de Miraz, mentres que este pasado día 24, faino sobre a Torre de Friol.
Dúas testemuñas da historia do concello, con desigual tratamento: un, a Torre de Miraz, en mans privadas e nun bo estado de conservación, e outro, a Torre de Friol, que a pesar do compromiso da Caixa de Aforros ,a quen lla cedeu o Doutor López Suárez para que se levase a cabo a súa restauración e fose destinada a Escola de Capacitación Agraria, hoxe xa devolta a mans privadas, é anuncio público e notorio da desidia polo noso.
Agora argüirán razóns económicas para non lle facer fronte a unha expropiación, pero... non habería que ir pensando na súa volta ao dominio público, restauración e uso social?.Facer pistas e cambiar farois é un xeito de gobernar,pero, aínda que custe traballo crelo, hai outros... e no noso país temos algún exemplo.
As fotografías falan por si soas e non necesitamos indicar a que construción pertence cada unha.

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.