Xa hai algún tempo( xaneiro 2009),publicamos baixo o título de "Unhas aparicións nas Pardellas" a referencia a uns feitos ocorridos no ano 1949 e nos que os xornalistas do momento, relatan como a posible aparicición da Virxe neste lugar da parroquia de Condes.
A fins de novembro deste ano observamos como se achegaban ao noso blog visitantes de diferentes puntos da península, interesados na entrada que comentamos. Chamounos a atención, pero non prestamos maior atención ao feito.
Días atrás,deixaron na mesma un comentario facendo alusión ao programa "Cuarto Milenio" dirixido e presentado polo xornalista especializado no mundo do descoñecido, Iker Jiménez.
Efectivamente en youtube, están colgados un par de vídeos nos que o citado xornalista xunto con Marcelino Requejo e Carlos Ollés estudosos do mundo "OVNI", falan do feito xa mencionado e das súas investigacións ao longo destes últimos dez anos.
Aquí deixamos os dous enlaces por se queresdes botarlle unha ollada aos citados vídeos que reproducen a parte do programa destinado ás Pardellas.O segundo recolle a participación de Requejo e Ollés.
Constatar tamén o desinterese manifesto que as cadeas de ámbito estatal teñen coa toponimia oficial galega.

3 comments:
No mes de xuño de 1949 acababa de cumprir 13 anos , de terminar con éxito un dos cursos de bacheralato e encontrábame de vacacións en Friol.
Falábase que a unhos nenos de As Pardellas aparecíaselles a Virxe María e con este motivo ía moita xente a dita aldea. Un día dese mes, creo que era domingo, organizóuse unha visita ó mencionado pobo e eu fun co meu pai, e polo tanto son un dos vinte pequenos que cita a crónica da prensa ( El Progreso 15-06-1949).
Chegamos ó sitio de día, pero a tardiña. Recordo unha rocha granítica bastante grande, partida en dúas partes, e no medio medraba un carballo, pouco desenrolado, polo lugar en que prendera. Chamóume a atención que das ramas colgasen divewrsos obxectos relixiosos, destacando os crucifixos, que segundo me explicaron servían para exconxurar ó demo, si se lle ocorría acercarse. Estaban presentes algunhos curas das parroquías próximas e creo recordar que se rezou algunha oración, e tamén se atopaban gardas civiles do posto de Friol.
A partir da roca o campo era bastante pendente, en subida cara as casas da poboación. Na parte máis alta e afastada do lugar, colocáronse as persoas maiores e na parte de baixo os vinte nenos, máis ou menos, incluídos os catro que se dicía que se lles aparecera a Virxe, ós que eu terminaba de coñecer. A nós, os cativos, puxéronnos detrás dun pequeno valado, que se encontraba a unhos poucos metros da pena indicada. Alí pasamos máis dunha hora. Eu tiña os ollos ben abertos por se vía algo e xa empezaba a estar canso. Era xa de noite. De repente os nenos videntes gritaron que alí estaba a Señora. E, como relata o cronista, os maiores,que se encontraban máis arriba, e que tamén querían ver a aparición, botáronse a correr costa abaixo. Recordo que os pícaros, eu tamén, estabamos, tirados no chan,mezclados coas pedras do muro, e que non pasou nada, nin tan siquera houbo rabuñaduras.
E ¿ eu vin ou non vin?. Aínda que permanecía moi atento non vin aparición algunha sobre a mencionada roca, pero no intre en que a xente maior se abalanzaba sobre nós, os nenos, vin como un raio saía da rocha en zigzag hacia o ceo, como se un SER Superior quixera fuxir da impaciencia e irresponsabilidad dos humanos. Impresión, a do lóstrego, que me quedou gravada na mente para sempre.
Logo penso que o acontecemento, polo que fora, non contou có apoio da Autoridade eclesiástica e foise esmorecendo. Eu non volvín na miña vida a aquel campo.
Hola.
Lo primero felicitar por este esplendido blog, un trabajo antropológico y humano muy valioso e interesante que permite que se mantenga viva la historia de este rincón gallego.
Me presentare. Soy Carlos Ollés, uno de los que aparece en el video de Cuarto Milenio junto con mi buen amigo Marcelino Requejo.
Como podréis imaginar, tanto Marcelino como yo seguimos investigando este tema de la aparición mariana de Pardellas, por lo que mi sorpresa ha sido mayúscula al ver este blog nombrando este hecho y más si cabe la nota de uno de los testigos de los hechos que acontecieron en esta pequeña población de Pardellas allá por el 1949.
Mi interés al escribir en esta entrada es para ver si cabe la posibilidad de que nos podamos poner en contacto tanto Marcelino como yo, con el testigo que escribe la entrada anterior, que por lo que quiero entender, fue testigo presencial de algunos de los hechos más relevantes de esta historia.
La entrada dice así…
Anónimo29 xaneiro, 2011 16:44
No mes de xuño de 1949 acababa de cumprir 13 anos , de terminar con éxito un dos cursos de bacheralato e encontrábame de vacacións en Friol.
Falábase que a unhos nenos de As Pardellas aparecíaselles a Virxe María e con este motivo ía moita xente a dita aldea. Un día dese mes, creo que era domingo, organizóuse unha visita ó mencionado pobo e eu fun co meu pai, e polo tanto son un dos vinte pequenos que cita a crónica da prensa ( El Progreso 15-06-1949).
Chegamos ó sitio de día, pero a tardiña. Recordo unha rocha granítica bastante grande, partida en dúas partes, e no medio medraba un carballo, pouco desenrolado, polo lugar en que prendera. Chamóume a atención que das ramas colgasen divewrsos obxectos relixiosos, destacando os crucifixos, que segundo me explicaron servían para exconxurar ó demo, si se lle ocorría acercarse. Estaban presentes algunhos curas das parroquías próximas e creo recordar que se rezou algunha oración, e tamén se atopaban gardas civiles do posto de Friol.
A partir da roca o campo era bastante pendente, en subida cara as casas da poboación. Na parte máis alta e afastada do lugar, colocáronse as persoas maiores e na parte de baixo os vinte nenos, máis ou menos, incluídos os catro que se dicía que se lles aparecera a Virxe, ós que eu terminaba de coñecer. A nós, os cativos, puxéronnos detrás dun pequeno valado, que se encontraba a unhos poucos metros da pena indicada. Alí pasamos máis dunha hora. Eu tiña os ollos ben abertos por se vía algo e xa empezaba a estar canso. Era xa de noite. De repente os nenos videntes gritaron que alí estaba a Señora. E, como relata o cronista, os maiores,que se encontraban máis arriba, e que tamén querían ver a aparición, botáronse a correr costa abaixo. Recordo que os pícaros, eu tamén, estabamos, tirados no chan,mezclados coas pedras do muro, e que non pasou nada, nin tan siquera houbo rabuñaduras.
E ¿ eu vin ou non vin?. Aínda que permanecía moi atento non vin aparición algunha sobre a mencionada roca, pero no intre en que a xente maior se abalanzaba sobre nós, os nenos, vin como un raio saía da rocha en zigzag hacia o ceo, como se un SER Superior quixera fuxir da impaciencia e irresponsabilidad dos humanos. Impresión, a do lóstrego, que me quedou gravada na mente para sempre.
Logo penso que o acontecemento, polo que fora, non contou có apoio da Autoridade eclesiástica e foise esmorecendo. Eu non volvín na miña vida a aquel campo.
Agradeceria en gran medida que el anónimo que ha escrito esto se ponga en contacto con nosotros mediante este mail: mrovni@yahoo.es.
Saludos.
Carlos Ollés.
PD: Mil gracias al Blogmaster por permitir este contacto.
Ola:
Poñerémonos en contacto co informante para darlle a coñecer a túa proposta. Xa vos contamos.
Grazas e un saúdo
Publicar un comentario