Nestes días pasados --primeiros de marzo-- do ano 1971 inaugurouse a Agrupación Escolar Mixta de Friol. O edificio era o que hoxe coñecemos como Edificio Vello, que albergou nesa segunda parte do curso 70-71, aos alumnos e alumnas da vila que recibían ata de aquelas formación na Casa Consistorial. Á mesma incorporouse tamén alumnado de outros lugares do concello --Anafreita, Pontexiá, Lea... Manuel Roibás, Pepita Regueiro, Maruja Bóveda e Jose Mª Varela Guerreiro --este cumprindo as funcións de director-, foron os que puxeron os primeiros banzos do que hoxe é o Centro Escolar friolés.
Nos seguintes anos fóronse incorporando os alumnos e alumnas doutras unitarias do concello: Roimil, Prado, Xiá, Ramelle,... coas súas respectivas profesoras.
No curso 1974-75 a Agrupación cambia de denominación para ser Colexio Nacional Mixto, e no 1976 -, Colexio Público de Friol. É neste curso 1976-77, xa co edificio "do medio" en funcionamento, cando se incorporan ao mesmo os alumnos e alumnas de Guimarei, Quintiá, Condes, A Laxe, Carballo, A Cabana, Nodar, Lamas, Narla, A Porreira, Vilalvite e Cotá; na maioría dos casos acompañados das súas profesoras ou profesores. Neste ano, asume a dirección do centro Ana Núñez, de imborrable recordo tanto na unitaria da Cabana, como no centro friolés.
Nos anos seguintes foron Maruja Bóveda, Julia Fernández e María Rifón, as que dirixiron o centro en etapas máis ou menos longas, ata o curso 1985-86. No seguinte, incorpórase Carlos Veiga ao centro, do que será xa nomeado ese mesmo ano director.
Xa a fins dos noventa, coa nova Lei de Educación ,constrúese o hoxe coñecido como Edificio de Secundaria; incorporándose, por unha parte os alumnos das parroquias de Trasmonte, Miraz, Anxeriz, Bra, Carlín e O Seixón - que ata esas datas agrupáranse en Parga--,e pola outra un bo número de licenciados para impartir o segundo ciclo da nova E.S.O. Isto leva aparellado o cambio de denominación e a ampliación da oferta educativa, xa como Centro Público Integrado Dr. López Suárez.
Ao longo destes corenta anos, a institución educativa potenciou todo tipo de actividades culturais e recreativas, entre as que cabe destacar a creación da "Agrupación Folclórica Foliada Friolense" que fixo un inxente labor de recuperación do noso folclore que chegaron a pasear por Galicia adiante.
Desde esta colaborativa ventá, queremos lembrar a todos cantos docentes e discentes pasaron por estas aulas, nas que deixaron, dunha ou outra forma, pegada indeleble que forma parte do noso colexio.
Nota: Agradecemos a Pepita Regueiro a súa dispoñibilidade, colaboración e fotografías que nos permitiron editar esta entrada.

0 comments:
Publicar un comentario