04/03/11

Entroido 2011

Chegados ao tempo do Entroido, non podemos deixar de publicar estas imaxes que reflicten o  enraizamento e viveza desta festa na nosa comunidade. Se as fotografías de  abaixo representan aos mecos e a súa queima, no Entroido do ano 1990 --no daquelas Colexio de E.X.B. Dr. López Suárez--, as dúas fotografías sda esquerda, móstrannos ao meco "tractorizado" confeccionado polos alumnos de 3º e 4º da E.S.O. do hoxe C.P.I Dr. López Suárez, dirixidos polo profesor de E. Plástica, esperando a queima protocolaria dneste venres festivo;  e por outra parte á parella de mecos cos roles perfectamente definidos, que preside estes días a entrada do Centro Sociocultural da parroquia de S. Xiao do Carballo (á beira da estrada Friol- Sobrado).
Somos coñecedores do animosos que son os veciños desta parroquia , e o entusiasmo co que defenden o de seu, que manifestan ao través de todas as actividades que programan ao longo do ano.
O que non sabemos e canto durarán os chourizos na tanza do pescador.. estamos no Entroido e calquera cousa pode pasar.
Desde estas páxinas só nos queda desexar ,a todas e todos, que teñades un bo entroido e que sexades prudentes coas filloas, fritos, roscas e orellas...

1 comments:

Gonzo

Bon Entroido e mellor manllare

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.