20/04/11

Muiñeira de Anafreita

No tempo que levamos publicando neste blog, observaredes que, aos poucos ,imos colgando romances e parrafeos tradicionais que forman parte do acervo cultural do noso concello. Unhas veces, aproveitando o traballo realizado pola asociación "Foliada Friolense" que tanto ten traballado e tantos éxitos ten colleitado, naqueles dourados anos oitenta-noventa; outras veces a través da voz anónima, ou non tan anónima ,dalgún veciño ou veciña, e outras grazas a información recollida pola A. C. Cova da Serpe.
Levamos tempo detrás do folclore musical destas terras, pois desde Miraz a Ramelle, pasando por Carballo, Anafreita,... sabemos da existencia de diferentes melodías propias de cada un destes lugares.
Hoxe achegamos aquí a muiñeira de Anafreita, interpretada polos grupos de gaitas das Asociacións Culturais Donaire da Coruña e Santa María de Torás da Laracha. Estas dúas agrupacións gravaron un disco no ano 2001 baixo o título "Cantos vellos pra rapaces novos" e nel aparece esta muiñeira que poderedes oír aquí.

2 comments:

Mª José

Como siempre gracias por agregar esta
muiñeira . C'est belle , très belle !

Un abrazo

Anónimo

Penso que esta fermosa peza,tocouna meu abo, de feito era un gaitero da parroquia,que tiña un cuarteto con casimiro de Portolamas , o Tio dos Mateos, e outro que non recordo, estou a falar de Antonio de Corredoira

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.