Os pasados mércores e xoves, puxemos en escena na torre de San Paio, a montaxe teatral "De serpes e segas".
Cos nervios propios do estreo, pero coa experiencia acumulada doutras ocasións, o grupo de teatro desenvolveu con soltura esta peza ambientada nos anos cincuenta do s.XIX, na que se mestura lenda e historia.Queda agora a representación do próximo sábado --28 de maio ás cinco da tarde-- destinada a toda a comunidade educativa e público en xeral.
Deixamos aquí unha fotografía de todo o grupo que participou na posta en escena ( fotografía de Alba Vila)
Podedes ver os vídeos da obra neste enlace
0 comments:
Publicar un comentario