
Despois da sesión de onte para os compañeiros da ESO do CPI de Friol, que resultou altamente exitosa, hoxe repetiuse a montaxe para o público friolés que encheu máis da metade do Centro Socicultural; que en Friol, co día frío e desapacible que estaba, e con matanzas en moitos lugares, non é pouco.
As rapazas que participaron na terceira vegada de "Deixémonos de Dindirindainas!" fixérono, se cabe, aínda mellor ca en anos anteriores.Desde aquí só nos queda felicitalas e animalas para a próxima montaxe que estrearán alá polo mes de maio.
Parabéns.
Para ver as fotos das dúas sesións premede aquí
0 comments:
Publicar un comentario