Xa fixemos mención noutras ocasións a Lola e Carmen Lage Morandeira - falecida en setembro pasado--. Estas dúas irmás da parroquia de Anxeriz , son,foron, un exemplo da memoria viva da tradición oral destas terras friolesas. Noutras entradas deixamos retallos da mesma.
Hoxe achegamos unha serie de romances, coplas e cancións, recollidos no seu día por esa parella incansable de recuperadores do noso cancioneiro que son Mini e Mero. Atopámolos --os cantares--na páxina que eles coordinan “O canto do pobo” e son os seguintes:
Copla de Entroido de Anxeriz , A máquina de mallar ,Cantar de Amelia , Cantar da guerra civil ,
Cantar do instrumento dos mouros, Cantar sobre dirixentes republicanos , Lola tiene un chiquillo
A través destes enlaces, poderedes ler os textos e escoitar a melodía, mesmo na maioría dos cantos aparece tamén a partitura.
A maiores, deixamos tamén outro enlace da mesma páxina, onde Alejandro Ramos, viúvo de Carmen achega estoutro cantar.
Unha nai que abandona ao fillo
Curiosamente Carmen e Alejandro, son os avós do concelleiro e deputado provincial, Álvaro Santos Ramos; mentres que Lola é a súa tía.

4 comments:
Gracias por la entrada
No sabía que Mini y Mero mantenían esa página ( me la guardo ). Fuxan os ventos dos agoreiros !!
Saludos
Efectivamente. Feliz Ano María!
Unha pequena corrección, a falecida é Carmen, Lola aínda vive.
Feita a corrección. Grazas
Publicar un comentario