Despois da vergoñosa retirada do lema que presidía a fachada do CPI Dr. López Suárez de Friol xa comentada en entradas anteriores, que sen dúbida obedeceu a razoamentos máis propios dunha sociedade predemocrática, recuperamos unha normalidade que nunca debera ser atacada. Por un momento, pensamos que o medo establecido nestes tempos de crise e destrución de dereitos, impediría a súa lóxica reposición. Por sorte, a dignidade afrontada, fíxonos lembrar que..."cando os que mandan perden a vergoña, os que obedecen perden o respecto".
É significativo ter que asumir a necesidade de arrimar o ombreiro para saírmos dunha crise xerada por un sistema neoliberal, depredador e usurpador dunha riqueza (non o esquezamos) xerada por todos nós. Pero aínda máis significativa é a parálise provocada por un medo a xerar posibles malestares dos que xestionan (certo que co apoio democrático das urnas) unha situación que se pretende arranxar cunha manchea de recortes que dinamitan os piares do estado de benestar, e que condenan á máis absoluta desprotección ás clases máis desfavorecidas
Que se vendan logros e se lles encha a boca a algúns, pola súa defensa do ‘público’ dá que pensar. Visitar as instalacións do CPI friolés pode servir perfectamente de exemplo do desleixamento dese interese.
Saúdamos desde aquí a todas e todos aqueles que fixeron que, á fin, luza novamente a pancarta vindicativa.

6 comments:
Si, a crise afóganos e o medo son as pedras que enchen os nosos petos para que non poidamos reflotar.
Saúdos dende A Ulloa.
Como complemento a esta entrada podedes ler este artigo publicado por X.M. Sarille enEl Correo Gallego
Sorte!
Eooo
Cambio de alcalde xa!!!
Cambio de alcalde xa!!!
Sempre dende que Muiña e alcalde en Friol, a liberade de espresión esiste, pero este señor sutilmente (caciquilmente)condiciona a todo aquel que ouse esixir, protestar ou decir calquera comentario que atente contra o seo poder ou dos seos "amigos".
Tato
Publicar un comentario