24 novembro 2012

Friol en Póvoa de Varzim

Grazas á invitación que nos fixo a organización do "III Congreso: A Fenda Dixital", o noso concello , a través de "Algo máis que pan e queixo", tivo presenza na sesión matinal que onte abriu o citado Encontro.
Aproveitamos o foro, para presentar o traballo que levamos feito ata o día de hoxe, non sen antes dar unhas pinceladas sobre os aspectos socioeconómicos que definen o noso concello, que de xeito maxistral --hai que dicilo sen pecar de inmosdestia- presentou Blanca Castro.
Tivemos a sorte de compartir a mesa redonda con, entre outros, David Rodriguez, alcalde do concello ourensán de Manzaneda que explicou como é posible establecer unha cobertura dixital -real- en todo un concello e, a verdade, con non moitos cartos. Parabéns!.
Só queda agradecerlle á Comisión organizadora o terse acordado de nós e a Daniela Gonçalvez, en particular, por achegarnos a fotografía que acompaña esta entrada.

2 comentarios:

Ana Isabel Castro

Eu tiven a oportunidade de poder escoitarvos in situ e foi todo un pracer e un éxito. Parabéns!!Espero que se sepa valorar a labor que estades facendo podo estudo da historia de Friol, o noso pobo. Causastes moi boa impresión en Povoa de Varzim. Moitísimas grazas!!

Mª José

Me alegro muchismo y nada a seguir así con este supercuaderno dedicado a Friol y a sus gentes

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.