Na aldea onde nacín e naceron os meus ancestros --relata Quiroga--, contaba miña avoa, dun coetáneo dela, un pouco máis vello se cabe, que tiña fama de ser un bo gadañeiro. O mellor sen dúbida de toda a contorna. Tal home era coñecido polo tío José de Guntín.
Deuse o caso de que o cura da parroquia tiña un prado moi bo e, chegado que foi o tempo de segar a herba seca, falou con el e chegaron ao seguinte acordo:
--Se es capaz de segar o prado ti só, los denorios! (dito que adoitaba dicir o cura) en só un día, apóstoche tres olas de viño.
O tío José que non lle facía ascos ao viño, aceptoulle á primeira.
Chegou o día da faena, e pola mañá a criada do cura, foille levar a 'media mañá' dándose conta que empezara a segar en círculo, elevando unha boa xeira de herba segada. De tal xeito que de volta na casa, comentou co crego, que polas trazas ía perder a aposta; entón o crego pouco amigo de perder a aposta díxolle á criada:
--Los denorios!.Cando lle leves o xantar mestúralle unha pouca de herba do rato, para que "ande lixeiro”.
Dito e feito. A menciña fixo o efecto esperado, mais o tío José, lonxe de arredrarse, tirou de pantalón, e "renca de herba, renca de merda", ganando a aposta sin ningún problema.
A fotografía que ilustra esta entrada correspóndese co antigo Mesón dos Quiroga ao pé da igrexa de Carballo
A fotografía que ilustra esta entrada correspóndese co antigo Mesón dos Quiroga ao pé da igrexa de Carballo
0 comments:
Publicar un comentario