19/02/14

Centenario de Celestino Fernández de la Vega (II)

Onte pola mañá na capital da provincia, promovido polo Club Cultural Valle Inclán, levouse a cabo a colocación, no edificio no que residiu unha gran parte da súa vida, dunha placa de homenaxe ao pensador e escritor --como reza a mesma-- Celestino Fernández de la Vega, con motivo  de estarmos no ano do seu Centenario.
Ao acto asistiron o alcalde da cidade, José C. López Orozco e e a concelleira de cultura, Carmen Basadre que acompañaron á presidenta actual do Clube Valle-Inclán, Tonina Gay, a viúva, María Luisa Maceda, fillos e demais familiares e amigos deste friolés universal.
Destacar que Celestino F de la Vega foi socio fundador do citado Cine-Clube alá polos anos sesenta do pasado século.
Este acto terá continuación o próximo venres coa disertación a cargo da profesora de Filosofía da Facultade de Humanidades de Lugo, María Xesús Vázquez Lobeiras, sobre a influencia da filosofía alemá na obra do homenaxeado ( 8 da tarde na cafetería Canela, na Praza Maior).
Tamén o venres na cafetería Casablanca, ás dez e media da noite, desenvolverase un espectáculo de narración oral, baixo o título "O segredo de Celestino" con Lois Pérez e o grupo Estercophonics, formado polo Mestre Rulos ao saxo e Fernán Gómez á guitarra.
Esperamos cunda o exemplo e no seu Friol natal, do que nunca estivo desvinculado, se animen a homenaxear este pensador e a destinarlle un espazo público na vila  que lembre a súa memoria.



Nota:As fotografías que ilustran a entrada fóronnos facilitadas por Higinio Martínez F. de la Vega a quen lle agradecemos a achega. 

2 comments:

Anónimo



Ë indubidable que O Concello de Friol debe recordar ao seu fillo Celestino Fernández de la Vega, home de pensamento rigoroso e amplísima cultura .Autor, entre outras traballos, de varios ensaios filosóficos, do que destacamos " O Segredo do Humor" un dos mellores, por non decir o mellor, e máis orixinal , feito ata agora, sobre esta cuestión.

Anónimo

Completamente de acuerdo con este comentario. Celestino debe tener un lugar en la memoria del concello de Friol. Lo que no sé es a que esperan

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.