27/03/15

III Xornadas de Carballo Vivo

Por terceiro ano consecutivo, a asociación Carballo Vivo xa ten programadas as Xornadas de Interpretación e Dinamización do Mundo Rural.
Unha vez máis ao longo de tres sábados do mes de abril ( 11,18 e 25) no seu local social desenvolveranse diferentes actividades que seguro son de interese para todo o mundo, pois trataranse temas que abranguen desde a saúde ata a apicultura ou o porco celta sen, neste caso, esquecer a escola e por suposto coa ineludible proposta a debate sobre o mundo do lobo.
Nesta ocasión participa tamén Xesús Balboa López, profesor da USC que falará sobre a Historia dos montes veciñais
No Club Fluvial de Friol  o 18 de abril pola tarde levaranse a cabo os xogos populares incorporados ás xornadas o pasado ano e rematarán as actividades o día 25 pola tarde coa sesión de contacontos da man de Charo Pita na Torre de San Paio de Narla.
Todo un luxo que non hai que desaproveitar.
  

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.