Este pasado venres na Torre de San Paio, convidados pola Facultade de Ciencias da Educación da USC, expuxemos o traballo desenvolto por este blog ao alumnado da área de Deseño e Avaliación de Materiais Didácticos de 4º de Pedagoxía, acompañados polo seu profesor Jesús Rodríguez.
A actividade integrouse na visita que fixo este grupo á Rede Museística provincial, que incluíu a presentación da cantidade de actividades na que está implicado o Museo de San Paio de Narla.
Nós fixemos a presentación de todo o traballo que significou "Friol: algo máis que pan e queixo", non só como blog ,senón tamén como mobilizador de diferentes proxectos que se levaron adiante no CPI Dr. López Suárez.
Agradecemos tanto a invitación da USC, como a acollida do persoal da Torre e, como non , a atención prestada por esta futura fornada de pedagogas e pedagogos.
Grazas a todas e todos.
Deixamos aquí o pdf que empregamos na charla.
0 comments:
Publicar un comentario