Nunha entrada anterior comentábase neste blog o poder de curación, para aquel que padecía a rabia, do Santo Eutelo de Miraz.
No seu libro “ Supersticiones de Galicia” --publicado no ano 1.895-- D. Jesús Rodríguez López indica, efectivamente, o procedemento descrito na entrada anterior , sinalando que o cura só cobraba o valor da xerra de auga mailo do pan.
Cita tamén outros lugares da bisbarra onde se levaban a cabo prácticas semellantes: En San Breixo de Parga e en Bascuas, ámbolos dous, lugares do concello de Guitiriz , e en San Fiz de Robra, Outeiro de Rei. Todos nun radio moi pequeno e con algunhas variantes no tocante ao ritual de curación.
Descoñecemos se na actualidade se manteñen estes, cando menos ferintes, procedementos para a curación de dita enfermidade.
Sabemos doutro lugar de Galicia no que tamén veneran ao santo Eutelo. Trátase da capela de S. Cosmede na parroquia de Coiro, no concello de Cangas do Morrazo. Neste caso os fregueses identifican ao santo cun anxo orante – segundo información recollida por Julio Fernandez Pintos na páxina Trisquel – que forma parte dun escudo de armas da capela. Cando se sospeitaba que un can era portador da rabia levábano ata a capela.
No escudo, afirman os veciños, vese un can en actitude submisa con respecto ao santo.
Por outra parte D. Xesús Taboada Chivite no seu libro “Ritos y creencias gallegas”, falando das propiedades terapéuticas das árbores di que o cinamomo, tamén chamado "árbore de Santo Outelo ou Eutelo", emprégase para curar a rabia en infusión da codia , follas ou flor que se administra ao enfermo. Este procedemento está tomado literalmente do libro antes citado.
Nos tratados de botánica consultados observamos que son varias as árbores citadas como árbores da rabia:
1) --O cinamomo que podería ser o "melia azedarach" ou o "eleagnus angustifolia".
2) --O "cornus sanguinea", tamén coñecido como sanguiño.
3) --E o " prunus padus" variedade das cerdeiras, as súas cereixas cómenas os páxaros , non se empregan para o consumo humano, coñecido como Pau de San Gregorio.
Xa para rematar dúas son as parroquias onde celebran festas en honor a este santo :
Unha no concello ourensán de Beariz, concretamente na capela do San Bartolomeu da Bouza e outra en Riobó no concello coruñés de Cabana de Bergantiños.

0 comments:
Publicar un comentario