19 decembro 2008

Bertamil: Un topónimo con lenda

Existe unha variante da lenda da Cova da Serpe, da que xa se falou nunha entrada anterior, na que se di que o mozo morto no singular combate coa serpe, foi enterrado no adro da igrexa de S. Xiao de Friol, mentres que a fidalga foi enterrada en Bertamil, lugar no que ao parecer ocorreu o suceso que provocou o coñecemento de ámbolos dous mozos.
Pois ben, existe a crenza popular de que precisamente este lugar da parroquia de Xiá recibe ese nome lembrando a Berta - a fidalga namorada-.
Os estudosos da toponimia , J Piel, F. Cabeza e N. Ares opinan que o topónimo ten a súa orixe nun antigo posuidor xermánico Vitermirus do que xa se fala no século X nos Tumbos de Sobrado dos Monxes.
A terminación 'mirus' do gótico 'mereis' -- famoso ou célebre -- deu lugar a un sinnúmero de topónimos na xeografía galega como é o caso do que nos ocupa nesta entrada.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.