A torre de San Paio está situada na Castronela , que como escribe Nicandro Ares ten unha orixe clara pois vén dun pequeno 'castrum' .
A Castronela pertence á parroquia de Santa María de Xiá, da que xa hai referencia nos Tumbos do mosteiro de Sobrado do século X, nos que se pode ler ' villa Egilani cum ecclesia Sancte Marie'. O antropónimo visigótico 'Egila' está na orixe da actual Xiá. Di D. Nicandro Ares : "a pronuncia actual, seino ben, alterna entre Xeá, Xiá, nunca Ghiá, (...). A sonora antiga enxordeceu, como en 'gente'> xente,'gener'> xénero, 'gelata'> xeada,etc."
Engadir que o Nomenclátor recóllea como Xiá.
Pensándoo ben, poderíamos adiviñar a traxectoria do *Ximarei da entrada anterior vendo a evolución do "Egila -ani" que nos ocupa. Se Ghiá resultou Xiá como non vai ser *Ximarei por Ghimarei?
O erro está en que o tránsito para chegar a Xiá parte do latín, cousa que non ocorre con *Ximarei que para facer o tránsito parte do galego Guimarei.
0 comments:
Publicar un comentario