11 decembro 2009

A formación do concello de Friol.


Este mapa vén sendo a cuarta parte dun todo que podemos ver na Biblioteca Dixital de Galicia .
Está feito en Madrid a fins do século XVIII; concretamente no ano 1787. O seu autor é Tomás López.
Representa os Coutos da Rocha de Narla e o de Vilar das Donas.
Como representación cartográfica, aínda que non de todo o concello, si é o mapa máis antigo que representa a estas terras que teñamos conocido.
Hai que pensar que o concello de Friol , tal como o coñecemos na actualidade, data do ano 1840.
Anteriormente as terras que conforman o concello pertencían a diferentes señorios ( Augas Santas, San Paio de Narla, San Pedro de Narla, Terras da Orde, Nodar,...). Non é ata o ano 1812 cando queda abolido o réxime señorial sendo substituído por unha incipiente administración municipal. Nese momento estas terras quedaron repartidas en cinco concellos : Anxeriz, Friol, Narla, Terra da Orde e Torredez.
Coa posterior derrogación da Constitución de Cádiz, volveuse ao réxime señorial. A inestable situación non se aclarou ata 1835, no que se retoma definitivamente a estrutura municipal que quedará, en canto a Friol se relaciona , definitivamente asentada no ano 1.840.

0 comentarios:

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.