O tránsito do Antigo Réxime a un novo sistema político, inspirado nos principios do liberalismo, foi un proceso longo e de difícil asunción polos grupos sociais dominantes, que vían, neste novo xeito de organización, minguadas as súas prebendas e regalías.
Este cambio xerou unha forte resistencia, encabezada polo clero ( por definición antiliberal) e pola pequena nobreza con poderes señoriais.
Nunha sociedade como a galega de carácter eminentemente agrarista, o caldo de cultivo para xerminar o antiliberalismo, e por ende o carlismo, e fácil de comprender. Baixo a bandeira do carlismo (movemento político lexitimista que pretendía a coroación de D. Carlos no trono español) acubíllanse os grupos máis reaccionarios e contrarios a calquera innovación que significase perda de poder.
Que o arcebispo de Santiago, Frei Rafael Vélez (na fotografía da dereita) fose o maior valedor da causa carlista en Galicia, e que todo o cabido da catedral de Lugo , agás o seu bispo e un subordinado, fosen fieis defensores da causa carlista, non é casualidade; antes ben, reflicte un posicionamento da igrexa diante do liberalismo emerxente. Da nobreza podemos citar, entre outros, ao conde de Campomanes , D. Rodrigo Rodríguez, lucense e membro que foi da Xunta Superior Carlista de Galicia, sen esquecer á fidalguía que vía con moi bos ollos este movemento.
"O carlismo galego actuou a través das faccións, partidas ou guerrillas; grupos máis ou menos numerosos formados por unha mestura de carlistas puros" ( entendendo a estes como convencidos e idealistas) e de mercenarios ( campesiños ou persoas que por diferentes razóns, principalmente económicas se incorporaban a estes grupos de guerrilleiros).
Estas partidas tiñan unha organización interna clara , e para moverse, na práctica, dependían exclusivamente das decisións do responsable ou xefe da partida.
Seguindo a pauta de comportamento do resto da provincia, ben a través dos púlpitos nas misas dos domingos , ben a través da presión directa dos “señores” ou ben polo que significaba aporte económico , non foron poucos os que se incorporarían de mellor ou peor gana a estas gavelas carlistas que percorreron as nosas terras nos tres períodos ( 1833-40, 1849-60 e 1872-76) en que se dividen para o seu estudo estas guerras .
Friol non quedou á marxe deste fenómeno,antes ben, foi escenario e tomou parte activa nalgún dos momentos destes enfrontamentos.
Naas seguintes entradas publicaremos os datos que fomos capaces de recabar sobre o carlismo en Friol.
Notas.

1)As dúas fotografías que ilustran esta entrada foron tomadas do blog Carlistas: Historia y cultura. A da dereita é Frei Rafael Vélez. A da esquerda é a fotografía dunha partida carlista de Mondoñedo cando foi detida no ano 1872.
2) A información aquí exposta pódese ampliar nos libros de Mª F. Castroviejo Bolibar " Aproximación sociológica al carlismo gallego" e no de X.R. Barreiro "O carlismo galego"

0 comments:
Publicar un comentario