O capitel aséntase sobre un sobresaínte collarino e presenta tres corpos ornamentais: o inferior en molduras abertas en abanico, o medio decorado con follas de acanto, e o superior con volutas nas esquinas e cabezas de anxos no medio.
A cruz ten sección cilíndrica e decoración de nós nas arestas. No anverso represéntase a Cristo seguindo a iconografía tradicional: pés cruzados e cabeza ladeada sobre o seu lado dereito. Presenta unha plástica moi elemental, apenas se traballan os detalles
anatómicos. No reverso aparece a Dolorosa, que tamén segue un
esquema de formas básicas: rasgos elementais no rostro, e mans entrelazadas á altura do peito e que resultan demasiado grandes e pesadas. Está feita en dúas pezas (pódese observar o corte da pedra á altura da cintura). Viste cun manto que lle cobre a cabeza e que debuxa dúas ondas no perfil, e saia longa con pregamentos.
Supoñemos que o cruceiro é do S. XVIII, resultando unha adaptación popular das formas barrocas.
Supoñemos que o cruceiro é do S. XVIII, resultando unha adaptación popular das formas barrocas.
2 comments:
Había que botarlle unha boa bronca a quen amarra cordóns a estas pezas, poñendo en perigo a súa estabilidade.
(Hoxe erguinme de mala uva!)
Levas toda a razón. Non é a primeira que nos atopamos con eses "aderezos" nos cruceiros.
Publicar un comentario