23 xaneiro 2011

O Campelo ( I )

En plena liña divisoria entre as provincias de Lugo e A Coruña, concretamente no lugar coñecido como O Campelo, a 803 m de altitude, atopámonos hoxe coas ruínas do que foi a Base da Rede Territorial de Mando que alá polos anos setenta do pasado século, creou o Goberno coa fin de establecer a comunicación permanente do exército co Cuartel Xeral do mesmo e os Ministerios correspondentes. 
Para empezar, temos que dicir que as autoridades militares sitúano xeograficamente no concello de Sobrado dos Monxes, cando en realidade máis das 3/4 partes do asentamento están situadas --ver SigPac-- no concello friolés, e o topónimo está rexistrado polo I.N.E. na parroquia de Silvela.
Estamos na etapa final do franquismo, España empeza a mirar o futuro pensando en Europa; América --USA-- está interesada na posición xeoestratéxica da península e o estado español necesita urxentemente unha modernización da que non é allea o equipamento militar. Nesta tesitura créase a  RTM UT12 Campelo, xunto con outras bases por toda a xeografía hispana.
A infraestrutura gozaba das lóxicas antenas de comunicacións e heliporto, amén das consabidas naves de aloxamento para a tropa, garitas de garda e mesmo dunha pequena praza cun cruceiro no medio...no medio do monte, co frío invernal e as calores do estío, a verdade é que non debía ser moi apetecible o destino militar. Nós que chegamos ata alí estes días fríos deste xaneiro podemos aseguralo.
Atendida e vixiada permanentemente por unha dotación que non superou os cento cincuenta homes nos seus inicios, foi baixando ata os 52 militares, entre mandos e soldados, que formaban o último retén antes de ser abandonada fisicamente no ano 2000, pasando a ser telecontrolada.
Os militares desta base, que foi posta en funcionamento no ano 1976, tiñan maior relación con Sobrado que con Friol, o que non quere dicir  que non baixasen á vila a abastecerse, e --como ben di Higinio M. F. de la Vega- "mesmo se achegasen  os mandos militares á casa Moreno do Carballo a recuperar forzas".
Na actualidade forma parte da Rede Conxunta de Telecomunicacións do Exército que, xunto con outra instalada en Santiago de Compostela, son as dúas únicas en territorio galaico.
Uns versos de Calderón de la Barca ( "Aquí la más principal / hazaña es obedecer / y el modo como ha de ser / es ni pedir ni rehusar /...) acompañados por unha núa cruz, a modo de saúdo, presiden estas instalacións.
Na actualidade, como xa indicamos ao principio, está en estado ruinoso, agás a nova antena e un pequeno espazo ao seu redor, valado e con vixilancia mediante cámaras.


Nota: As fotografías que non levan marca de auga, están sacadas do muro de facebook RTM UT12 CAMPELO que teñen creado antigos soldados de reemprazo que cumpriron o seu servizo militar nestas instalacións.

6 comentarios:

Miguel Angel Castellanos Molina

Como fundador de la base de Campelo,doy fe de lo dicho,hacíamos la compra en Friol junto el rico pan por las mañanas ,parábamos en Carballo a desayunar donde nos atendía una familia muy afable y luego por las tardes a paseo en Sobrado,junto la recogida de correo,esta base empezó a tener tropa en verano del 76,pero no era operativa todavía,cuantos sudores y fatigas para después de décadas este en el estado actual,os esperamos en Facebook RTM ut 12 Donde son Uds. bienvenidos siempre esas buenas gentes que nos acogieron durante esa etapa de nuestra vida gracias a Pablo Serralle Miguel por mandar esta pagina

miguel angel castellanos molina

http://untreaty.un.org/unts/60001_120000/28/40/00055957.pdf esto fue el embrion de la rtm

miguel angel castellanos molina

http://vam.org.es/blog/post.php?id=29 pagina muy buena sobre Campelo

Carricoba

Moitas grazas polos enlaces, e grazas pola testemuña.

Friol

Deixamos aquí este enlace da reportaxe publicada no diario "El Progreso" o 8 de agosto pasado:A antiga base militar de Friol na que se fala do Campelo.

seguriberco

Yo hice la mili en este cuartel en 1986

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.