Con estas creativas instalacións, Friol facíase eco das tendencias da época, e observar estes documentos gráficos que forman parte da historia recente, fainos reflexionar sobre o encanto da creación fronte a uniformidade industrial. Probablemente os actuais escenarios resulten máis funcionais, máis espectaculares e con máis efectos luminosos, pero os que se facían en Friol nos anos 60-70, eran únicos e irrepetibles.
De todos eles, chamounos a atención dous. Non sabemos a data exacta de todos, pero desde logo pódese intuír o contexto histórico no que foron feitos.Un destes palcos (o que aparece á esquerda) é moi probablemente do último terzo dos anos 60, ou polo menos a elegante estética de baile de salón que evoca así o suxire. Os músicos visten de traxe, un deles con gafas escuras estilo Alain Delon, galán da época. Todo no escenario é harmonía e equilibrio, o decorado de fondo de motivos florais, o refinado gusto polo detalle (obsérvese as setas no chan), a incorporación dos espellos do fondo, o halo romántico... remítenos a unha época do tardofranquismo de certo optimismo. A miseria da posguerra empeza a ser superada. O “desarrollismo” introducía novos patróns no país. Todo parecía suxerir benestar e estabilidade (aínda que esta fose máis institucional que real). As melodías que seguramente se escoitaban eran as que se escoitaban en todas as festas, cancións brandas, pegadizas e pasodobres que nunca faltaban.
O segundo palco que espertou a nosa atención é de 1973. Nova década, novos tempos. O branco e negro dá paso á cor. A calma harmónica dos 60 dá paso á estridencia. A elegancia é substituída pola transgresión: pantalóns de campá, colos infinitos, camisas por fóra, barbeiros e perruqueiros con menos choio....
Seguramente seguían soando pasodobres..., pero indudablemente, o mundo era distinto. O franquismo daba as últimas rabexadas, a sociedade enteira reclamaba novos aires, e sen sabelo nin pensalo, o subconsciente rompía radicalmente cos moldes anteriores. Neste caso, o palco que os friolenses elaboran é decididamente distinto. A harmonía dá paso ós contrastes. A elegancia do floral é substituída polos contrastes xeométricos e cromáticos, a luminaria acaba por invadilo todo... e case…, case parece estar a piques de introducirse a nova concepción do "todo vale". Son tempos de esperanza..

0 comments:
Publicar un comentario