Vilaldar con base no nome xermánico Alduarius, que daría pé a unha Villa Alduari que deviría no topónimo tratado.
Coa posibilidade de ter relación coas flores, temos A Florida, aínda que segundo N. Ares podería ter a súa orixe no antropónimo Floridus.
O Outeiro e O Outeiro Grande que non necesitan maior explicación, e Os Picos, do celta "beccus" -pico- seguindo a Cabeza Quiles, son dous orónimos por facer referencia a accidentes xeográficos.
A partir do diminutivo do latín "pons" 'ponticula" explicaríase A Pontella.
Portoscarros, sería a evolución de "Portus-Carrus", é dicir paso de carros polo porto aínda que podería facer referencia ao antropónimo latino Carrus como propietario.
Corveiros, que tería a súa explicación como lugar onde abundarían os "corvus" -corvos-.
O Curral da Fonte: A partir do "curral" -latino- e seguindo a Cabeza Quiles do "corr" céltico : construción circular.
As Laxes: Plural de Laxe a "lágena" ou "lagea" de orixe prerromana, rochas grandes e lisas.
Por último queda o topónimo que dá nome á parroquia: Miraz. Aquí non hai un acordo sobre a orixe do mesmo. Documentado como Miraci ou Villa Mirazi en diferentes documentos de fins do século X, fai concluír a N. Ares a orixe no antropónimo xermánico "Mira". Por outra parte Rosa Pedrero no seu "El hidrónimo prerromano *Mira ", indica que tanto este Miraz que nos ocupa como outro existente no concello de Xermade (S. Pedro de Miraz) serían derivados secundarios deste Mira.
0 comments:
Publicar un comentario