Os próximos 23 e 24 de novembro, celebrarase na Pòvoa de Varzim o III Congreso Ibérico:A fenda dixital baixo o título "TIC / ESCOLA E DESENVOLVIMENTO LOCAL" organizado por diferentes entidades do ámbito universitario galaico-portugués e destinado preferentemente ao mundo dos docentes.
Animados pola comisión organizadora , o noso blog foi convidado a presentar a experiencia que estamos a desenvolver que baixo o título "As Tics no mundo rural: unha lenta incorporación" estamos a preparar estes días. A presentación realizaremola dentro dunha mesa redonda na que participamos co relatorio do Centro de Investigação Paula Frassinetti e con compañeiros de Manzaneda.
Deixamos aquí o enlace ao programa por se alguén ten interese.
Deixamos aquí o enlace ao programa por se alguén ten interese.
2 comments:
Me alegro mucho de que os invitasen pues teneis mucho que aportar . La presentación será un éxito . Mi enhorabuena
Alí nos veremos. Seguro que aprenderemos moito e o pasaremos moi ben.
Publicar un comentario