Xa temos deixado tempo atrás, algunha das narracións que Manuel López Quiroga nos achega e relata co agarimo que o caracteriza, da súa avoa Matilde.
Quedaran sen publicar, por descoido, estoutras achegas que a continuación transcribimos:
"I) Diálogos entre vexetais:
Regueifa do trigo e do centeo
Dicía o trigo:
--Oiche! altas canelas!
A que non vas bailar coma min diante dos señores e das doncelas?
Respostaba o centeo:
--Cala ti, bicho barbudo!
Moito ti fas, se eu non che axudo.
O millo e maila liñaza
Dicía a liñaza:
--Ou millo millón, que eres capaz de estar tres anos debaixo dun terrón
Respostaba o millo:
--Cala ti, esfameada!, que o cabo de tres días xa es nada
Diálogo das aveas
--Somos mouriñas e feas, pero… sacamos os nosos donos de portas alleas!.
II) Relacionado cos animais
--O gando vacún: Chover, chover hastra o meu corno amolecer.
--O gando equino: Xear, xear hastra o meu bico regañar.
III) Outros ditos
Relacionada coa sementeira do millo, sempre dicía a avoa Matilde: Polo San Marco (25 de Abril) nin nado nin no saco.
Un dos seus comentarios , relacionados co matrimonio, era sempre: “O home debe ser o saco e a muller a abraza(sic)”. A referencia é que o home debía ganar os cartos e a muller gardalos.
Tamén comentaba que a roupa falaba: Aséame ben na casa que eu te asearei na praza.
Lémbrolle tamén un dito que dicía: Ave de pico, nunca fixo a seu amo rico."
1 comments:
Grazas
Os contos da abóa gustánme moito e os diálogos de vexetaís e do gando son xeniais
Ainda que non vos dexe moitos comentarios ... os sigo con admración.
Saúdos :))
Publicar un comentario