Despois da estrea do pasado xoves da montaxe "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela", hoxe tivo lugar no mesmo Centro Sociocultural a representación para toda a comunidade friolesa.
Diante de numeroso público -- foi unha das ocasións, desde que funciona o grupo de teatro, da que se pode dicir que houbo moita xente-- púxose en escena a adaptación desta obra para títeres que alá polo ano 1975 artellara Manuel María para os rapaces dunha familia monfortina á que unía fonda amizade.
A adaptación tratou de axustar os personaxes á realidade do grupo de teatro pero respectando en todo momento o espírito da obra do poeta chairego.
A verdade é que o espectáculo foi un éxito.Se xa o pasado xoves quedaramos satisfeitos coa escenificación, hoxe as actrices melloraron notablemente a súa interpretación o que deu como resultado unha mellor posta en escena e un resultado máis que óptimo.
Só queda agradecer ao público a súa presenza e a Angelines Santos a súa colaboración: xa desde os inicios do grupo é a responsable de que a roupaxe das personaxes sexa fiel reflexo do que as mesmas queren trasmitir.
Xa por último indicar que neste enlace podedes escoitar a primeira representación desta obra e algo da súa historia. Precisamente aproveitamos a imaxe do teatriño no que foi represerntada por primeira vez como ilustración desta entrada.
Neste enlace podedes acceder ao audio da representación do sábado día 28 de maio
Neste enlace podedes acceder ao audio da representación do sábado día 28 de maio
0 comments:
Publicar un comentario