|
Presentación en xullo de 2021 |
Hoxe a prensa facíase eco dunha nova relacionada co uso das novas tecnoloxías e o seu emparellamento coa tradición oral. Algo ao que non somos alleos e que puxemos en práctica en tempos pretéritos no concello de Friol.
En concreto, e baixo o suxestivo título "Un GPS para guiarse por la tradición popular de Friol: del primer vino de las mujeres a cómo se «parlafeaba»" desenvólvese a noticia que informa dunha nova ferramenta para o móbil que vai permitir paseos pola vila friolesa acompañados pola voz de varias veciñas que participaron no proxecto creado polo servizo Aula de las Artes da Universidade Carlos III de Madrid, co apoio da Fundación Obra Social La Caixa. ( ver ligazón) Está impulsado pola cooperativa Indaga e para aplicalo en Lugo tivo o apoio da Rede Museística provincial.
|
Cartel anunciando actividade |
Despois de varias charlas, para desempoar a memoria, da veciñanza do concello; faladoiros coordinados por Raquel Morado e Adrián Gallero, comezados a fins de marzo do 2021, o material recollido ( as gravacións) foi presentado en xullo do mesmo ano.
Hoxe está ao noso dispor na app "Arquitecturas de la memoria"; esta aplicación descárgase de Play store, e unha vez instalada no móbil actívase automaticamente ao chegar a capitalidade friolesa.
|
Logo da App |
Cremos máis que Interesante a proposta e esperamos teña continuación para xerar roteiros acompañados pola voz da veciñanza completando camiñadas e aproveitando o lecer para non esquecer que temos pasado e que somos o que somos grazas a ese pasado soportado evidentemente pola nosa lingua, unha lingua que permitiu chegar a onde estamos e que debemos defender como ferramenta vehicular e de cultura e deixala en herdanza aos que veñen tras nosa.
|
Recollendo información |
Este 2023, no centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos non sobraría deterse e reflexionar sobre o que está a ocorrer coa nosa lingua e o desleixo que algunhas institucións poñen de manifesto no seu uso e nas súas publicacións... e non hai que ir moi lonxe para velo Só queda agradecer a Ana Castro Rodríguez o ter completada a información e a achega das imaxes que ilustran esta entrada.
0 comments:
Publicar un comentario