13 xuño 2018

Da escola en branco e negro. 1959


Estes días falamos, en diferentes entradas, da representación teatral que baixo o título de Unha escola en branco e negro reflectía as aulas dos anos cincuenta e sesenta por estas terras.
Deses tempos, concretamente do ano 1959, falaremos agora ao lembrar unha excursión desenvolta o 14 de outubro dese ano e realizada polo alumnado da escola de Santalla da Devesa, ao cargo daquela de don Domingo Castro Cao (mestre que botou ben tempo na citada escola. Se non estamos errados desde mediados dos anos trinta ata ben avanzados os sesenta do pasado século). 
Eran tempos onde predominaba o branco e negro e nos que xeraban ilusións algúns programas de radio que apelando á xenerosidade dos oíntes ou mediando diante de diferentes institucións, cubrían necesidades das que se desentendían as autoridades do réxime ditatorial.
Exemplos destes programas témolos no mítico Ustedes son formidables de Alberto Oliveras, emitido pola Cena Ser, e as Cabalgatas de la REM (Red de Emisoras del Movimiento) de Bobby Deglané
Precisamente de este último, botou man o mestre de Santalla, arriba indicado, para levar ao alumnado de excursión a coñecer o ferrocarril e o mar. 
A petición realizada polo alumnado ao citado programa foi correspondida inicialmente polo concello da Coruña que os invitou a visitar a cidade no verán dese citado ano. ( non temos máis información ao respecto)
Pero non quedou atrás o concello do Ferrol que os convidou, tamén, a visitar as instalacións que Bazán tiña na cidade departamental. 
Transcribimos aquí o texto que inseriu a revista da Bazán no seu número 13 na referencia á citada visita:
"Éstos son los famosos niños de la Escuela de Devesa ( ayuntamiento de Friol, Lugo), en el día de visita a nuestros Arsenales. 
El no menos famoso y radiodifundido “ángel de la sonrisa” fijó sus ojos y puso todo su corazón en este simpático puñado de soñadores infantiles.
El maestro de Devesa – don Domingo Cao; un hombre realmente extraordinario--, supo reflejar sonoramente a toda España la que era gran ilusión de sus alumnos: ver el mar, olerlo, tocarlo, sentirlo. Y ver también cómo nacen, cómo viven y cómo mueren los barcos.
Y a nuestro pueblo obsequioso, como desprendido y hospitalario que es, pero, sobre todo, como verdadero hermano del de la muy ilustre y noble Ciudad del Sacramento, le cupo el alto honor de hacer real y vivo el bello sueño de estos niños de la provincia de Lugo. ¿Cabría, por otra parte, mayor elogio para El Ferrol que éste de poder convertir sueños, ilusiones, quimeras, en algo real?.
Diriamos para rematar esta entrada que eses soños e ilusións dos que fala a nota publicada na devandita revista, formarían tamén parte do resto do alumnado de innumerables puntos da xeografía do interior galego que non tiveron a sorte de ser tocados pola fortuna. O que debía ser algo de acceso universal quedaba restrinxido á acción da inxusta beneficencia. 
Esta entrada xa levaba algún tempo preparada para ser publicada. Estes días Fernando Ocampo Montesinos, ferrolán con orixes familiares no Seixón, achegounos a ilustración que acompaña este texto e xa non teriamos desculpa nengunha para non publicala.
Só queda agradecer a achega e o seguemento que sabemos fai deste caderno.

2 comentarios:

Mª José

Precioso este post , me imagino a los "pequeños soñadores" por primera vez junto al mar y que grande el maestro , como tantos de aquellas generaciones , que en épocas oscuras se empeñó en cumplir el sueño de sus alumnos :)

O

Moitas grazas pola publicación. Encantado de poder contribuir en algo á historia da Patria dos meus antergos. Saúdos desde Ferrol. Fernando Ocampo

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.