Este venres ás 18.30 horas na Fortaleza de S Paio de Narla da Rede Museística Provincial estrearase a montaxe “Mulleres de Narla: cambiemos o conto”, do grupo de teatro Carballo Vivo. 
Nesta ocasión  viaxaremos desde o afastado século XVI - partindo do lendario-- ata os nosos días, tendo como eixo transversal  a vida e pensamentos de diferentes mulleres  de diferentes épocas e diferentes sensibilidades que reflicten o que foi e segue a ser unha cosmogonía patriarcal que inundaba e inunda o día a día.
De aí ese desexo que desprende o título e que reflicte a necesidade de deixar esas actitudes paternalistas e posesivas que impiden o pleno desenvolvemento da metade da poboación, tan só por cuestión de xénero.
A obra en clave de humor pretende ser inicio dunha necesaria reflexión colectiva sobre o papel que desenvolveu e desenvolve a muller nunha sociedade tradicional como a nosa, e que esa reflexión sexa motor de inicio que permita aos poucos cambiar o conto.
As risas podemos aseguralas, as reflexións xa son cousa de cadaquén, esperamos xerar algunha incomodidade.
Esperámosvos

 
 
 
 
 
 
 
%20de%20aticorecmof.jpg) 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
0 comments:
Publicar un comentario