Primeiro mes do ano xa en pleno e duro inverno, por iso adxectivámolo como "xaneiro xeadeiro".
O seu nome provén do deus romano Xano (Jano) . Este deus é representado con dúas caras , é o deus das portas, dos cambios, dos momentos de tránsito entre o pasado e o futuro.
Dise que "as verzas de xaneiro saben a carneiro" e aconséllase que"en xaneiro bo braseiro".
Celébrase, a parte das festas finais do Nadal ( Aninovo e Reis) , "o 17 de xaneiro o S. Antón verdadeiro" tamén é coñecido como o S. Antón lacoeiro, ao que se ten como patrón dos animais.
Relacionado coa agricultura fálase de que "no mes de xaneiro sobe a un outeiro: Se ves verdexar ponte a chorar, se ves terrear ponte a cantar"
Tamén en xaneiro ten sona a súa lúa chea , así escóitase "luar de xaneiro e amor o primeiro".
0 comments:
Publicar un comentario