13 xuño 2010

Retorno ó pasado (II)

Xa fixemos mención, a fins do curso pasado, da obra que presentaron ao concurso da TVE, "Galicia de escola a escola" os alumnos do C.P. Dr. López Suárez de Friol , alá polo ano 1993.
Dixitalizado o vídeo VHS que conseguimos, non resistimos a tentación de colgalo. A pesar de que a calidade non é a desexable queda coma testemuño do labor do centro escolar por aqueles anos.


2 comentarios:

Chousa da Alcandra

Algúns (e algunhas) pouca traza lle dan ó sacho. Confío en que poidan obter froitos doutro xeito, que senón...

Parabéns pola recuperación. Pagou a pena.

Apertas

Mª José

Teño visto algún video na Redetic premiado en non sei moi ben que concurso . Penso que todo o que se faga en favor da lingua galega merece o mellor premio , o do recoñecemento a unha labor ben feita .

Noraboa ( sinto que o meu galego escrito non esté a altura , acostumbrada a escribir en francés . Teño que consultar a acentuación as veces mesmo en castelán )

Espero que teñades un bo fin de curso

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.