O mes de decembro, derradeiro do ano, acubilla o solsticio de inverno que deu pé desde a noite dos tempos a diferentes celebracións que, actualmente, no mundo occidental resúmense nas chamadas festas do nadal.
Mes no que entra o inverno: “De santos a nadal é inverno natural”, ou “Entre decembro e xaneiro é inverno verdadeiro”.
Mes no que o minguar dos días remata : “Pola santa Lucía mingua a noite e medra o día”, algún escéptico amécelle "..o que a pulga saltaría".
Mes tamén dedicado á matanza sobre todo pola santa Baia . Agora nestes últimos tempos aprovéitase a ponte da Constitución para realizar esta actividade que de ser comunal pasou a ser case exclusivamente familiar, polo que eses días, que no urbano son festivos, destínanse á xuntanza na casa patrucial e a mata-los porcos do ano. Algúns, tamén é certo, esperan ás datas propias do nadal para facelo.Xa logo están as vacacións do Nadal, festas das que falaremos máis adiante.
Cuantos sois capaces de situaros???
-
Se acerca el descanso navideño, y empiezo a buscaros entretenimiento para
que las conversaciones de las comidas y cenas familiares puedan escapar de
la ...
0 comments:
Publicar un comentario