06/02/10

O cura está malo.


A recuperación do folclore popular foi un dentro da infinidade de campos nos que traballou a fondo a Asociación Cultural Cova da Serpe.Recuperar vellas cantigas tentando non perder o elo que impedise que as xeracións vindeiras carecesen desta fonte, tamén forma parte da nosa idea polo que 'aproveitando o traballo de campo da citada Asociación, publicamos aquí unha cantiga extendida por toda a provincia; neste caso as relatoras son as irmás Laxe Morandeira. De Carmen xa temos falado noutras entradas e Dolores incorpórase nesta.
O tema leva por título: "O cura está malo". Dentro do noso cantigueiro a figura do cura sempre foi branco de moitas coplas. Neste caso unha cantiga que tamén se escoita ,aínda hoxe, nas terras limítrofes coa nosa comunidade, da provincia de León. A verdade é que está moi espallada e podemos escoitala en calquera parte da península coas diferentes tonalidades e versións.
Antes da letra, deixamos un audio coa cantiga, interpretada por Xosé Álvarez da Casa Sabelo de Donís, no ano 1992; recollido no traballo de investigación: "A cultura popular dos Ancares (A cultura popular de tradición oral nas parroquias de Donís e do Pando)" feito para o Consello da Cultura Galega, grazas a unha bolsa da Consellería de Cultura e Xuventude, por X. Mª Carricoba.


A letra que transcribimos aquí, foi editada pola mencionada Asociación Cultural nun tríptico en colaboración co colectivo cultural "Rogas da Torre". A portada e contraportada do mesmo é a imaxe que ilustra esta entrada
Cantar do cura
O cura está malo, o cura está malo,
moi maliño en cama
chirimbín,chirimbaina,
moi maliño en cama.
Pola media noite, pola media noite
chamou á criada,

chirimbín, chirimbaina,
chamou á criada
Faime o chicolate, faime o chiculate,
pero non hai auga
chirimbín, chirimbaina,
pero non hai auga.
Colle o cantarillo, colle o cantarillo
e vai a buscala,
chirimbín, chirimbaina
e vai a buscala
Ó chegar á fonte, ó chegar á fonte
picouna unha rana
chirimbín, chirimbaina
picouna unha rana
La picó con gusto, la picó con gusto
la picó con gana
chirimbín, chirimbaina
la picó con gana.
A los cuatro meses, a los cuatro meses
barriguiña inchada,
chirimbín, chirimbaina
barriguiña inchada
A los cinco meses, a los cinco meses
ya daba patadas
chirimbín, chirimbaina
ya daba patadas.
A los siete meses, a los siete meses
xa lle rebrincaba
chirimbín, chirimbaina
xa lle rebrincaba.
E ós nove meses , e ós nove meses
pariu a criada,
chirimbín, chirimbaina
pariu a criada.
E trouxo un meniño, e trouxo un meniño
de pucha e sotana
chirimbín, chirimbaina,
de pucha e sotana.
Que para ser cura, que para ser cura
non lle faltou nada,
chirimbín, chirimbaina,
non lle faltou nada.

1 comments:

Álvaro do Sixto

Moi boas. Novamente felicitarvos pola importantísima labor que estades a realizar. Esta felicitación non é só en nome propio, tamén da xente da Asociación Cultural Cova da Serpe, que aínda hai un anaco estivemos a falar do ben que o facíades.
Aproveito para achegarvos cinco estrofas finais desta cantiga das que se lembraron as informantes despois de editado o tríptico por Cova da Serpe, son as seguintes:

Llévalo al Hospicio. llévalo al hospicio
no te cuesta nada,
chirimbín, chirimbaina,
no te cuesta nada.
No lo he de llevare, no lo he de llevare
no me da la gana,
chirimbín, chirimbaina,
no me da la gana.
Que lo he de criare, que lo he de criare
como madre honrada,
chirimbín, chirimbaina,
como madre honrada.
Que tengo dos pechos, que tengo dos pechos
como dos manzanas,
chirimbín, chirimbaina,
como dos manzanas.
Que dan tanta leche, que dan tanta leche
como la fuente agua,
chirimbín, chirimbaina,
como la fuente agua.

Un saúdo!

 
Creative Commons License
Esta obra publícase baixo unha Licenza de Creative Commons.